luns, 14 de setembro de 2015

Comezando a ser científic@s!

Neste comezo de curso, o alumnado de 3º ESO da materia de Física e Química vai probar que tal se lle dá iso de ser científic@.

O primeiro reto que deberán enfrontar será o de deducir de que variables creen que vai depender o periodo de oscilación un péndulo, ou de que outras o que se vai alongar un resorte baixo a acción dunha forza.


Despois deberán propoñer as súas hipóteses e deseñar un experimento que lles permita ver cales de elas eran correctas e cales non.

Iso foi o que fixeron no IES "Antonio Mª Calero" de Pozoblanco, Córdoba para o caso do péndulo e aquí vos deixo o resultado.




Se queres seguir investigando, poderías informarte sobre o Péndulo de Foucault.