domingo, 26 de outubro de 2014

O movemento de rotación da Terra

A Terra ten un movemento de rotación ao redor do seu eixe de xeito que se a vemos dende o Polo Norte o sentido de xiro sería en sentido contrario ao das agullas dun reloxo (antihorario). Como consecuencia de que o xiro sexa nese sentido, observamos que o Sol sae polo este e se pon polo oeste.

O tempo que lle leva dar unha volta completa (día) é de 24 h.

O movemento de rotación terrestre é o responsable da alternancia entre o día e a noite e tamén de que haxa diferentes usos horarios.

Imos ver agora uns vídeos para entendelo mellor.



As estacións e o movemento de translación da Terra

Para entender como o movemento de translación provoca as diferentes estacións nos dous hemisferios do planeta, imos ver os seguintes vídeos: