luns, 15 de setembro de 2014

O universo II: Teorías Xeocéntricas e Heliocéntricas

Antigamente críase que o universo estaba formado pola Terra, a Lúa, o Sol , por outros cinco planetas e polas estrelas visibles. 

Sobre como estaban colocados había dúas teorías:

- A teoría xeocéntrica (do grego geo- "Terra") que situaba ao noso planeta no centro do universo. Foi establecida por Aristóteles (384-322 a.C.) e formalizada por Claudio Ptolomeo (100-170 d.C.). Mantívose vixente durante moitos séculos. Nesta teoría os demais planetas xiraban ao noso redor en órbitas circulares xa que o círculo considerábase a figura xeométrica perfecta e, polo tanto, símbolo de Deus.


- A teoría heliocéntrica (do grego helio- "Sol") no que o Sol considerábase o centro. Foi suxerida por Aristarco de Samos (310-230 a.C.), exposta por Nicolás Copérnico (1473-1543) e verificada por Galileo Galilei (1564-1642) e por Johannes Kepler (1571-1630).



E que credes que ocorreu cando o dixo? Pois que foi xuzgado pola "Tribunal da Santa Inquisición" e o 22 de xuño de 1633 foi obrigado a abxurar de xeonllos da súa teoría e condenado a permanecer arrestado no seu domicilio de por vida. Se queredes saber máis podedes ver o documental "E aínda así móvese..."No ano 1992 a igrexa pediu perdón a Galileo (ler nova).

Para aprender máis sobre este magnifíco físico, matemático, inventor que foi Galileo vos deixo con Érase unha vez... Los inventores.




domingo, 14 de setembro de 2014

O Universo I: A orixe

Gústavos ver o ceo polas noites? Sabedes atopar nel algunha estrela ou constelación? Quereríades viaxar ao espazo?

Polo de pronto, algo podemos aprender vendo estes vídeo creados para a súa proxección en diferentes planetarios dixitais.

NUESTROS CIELOS. VERSIÓN REDUCIDA. ESPAÑOL. from EUROCOSMOS on Vimeo.

Fragmentos del Cosmos from EUROCOSMOS on Vimeo.

Pero, como xurdiu o universo? Existen diferentes teorías pero hoxe en día a que goza de máis credibilidade é a coñecida co nome de "Gran exploxión" ou "Big Bang".


Preparados para iniciar a vosa aventura espacial? E a de empezar no Instituto? Poia alá imos, axustádevos ben o cinto, abride as vosas mentes e comecemos! 
Para traballar a primeira unidade premede aquí.

venres, 12 de setembro de 2014

Newton e as forzas



Para saber algo máis sobre Newton podedes ver o episodio que lle adicaron na serie "Érase una vez ... Los inventores".



No departamento temos varias lecturas recomendadas relacionadas con Newton, unha é unha breve biografía publicada pola editorial Lóguez titulada "Newton, una guía para jóvenes.", e o outro é un cómic titulado "Newton, la gravedad en acción". O primeiro tédelo na biblio e o segundo estará en breve...


Táboa Periódica dos Elementos Químicos



Unidade didáctica

Táboa Periódica interactiva

Vídeos dos 118 elementos químicos (en inglés), creados pola Universidade de Nottingham

Para irlle perdendo o medo e aprender inglés de paso, márcate este Rap!


E xa para rematar algo moi friki! Dende o blog de Biogeocarlos nos deixan unha Táboa Periódica sobre os libros (e series) de Xogo de Tronos!


Ciencias e Letras

"As Ciencias e as Letras" é o lema da Biblioteca Escolar do noso centro, máis coñecida como Calixtina, para o presente curso académico. No Departamento de Ciencias da Natureza temos un listado de lecturas recomendadas que en breve actualizaremos e subiremos tanto a este blog, como a biblosvivos como á páxina web do instituto. Moitas veces esas lecturas poderan ser aproveitadas como traballos voluntarios para subir nota, polo menos na materia de Física e Química.

No tema do Método Científico o libro recomendado é "La evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly.


Para consultar a recensión do libro preme aquí.

"Me contó maneras de llegar a la verdad de cualquier tema, no sólo sentándose a pensar en ello como Aristóteles (un señor griego, listo, pero confundido), sino saliendo a mirar con tus propios ojos; me habló de hacer hipótesis e idear experimentos, y de compobar las cosas mediante la observación y llegar a una conclusión. Y de verificar luego la fuerza de tu conclusión una y otra vez. Me habló de la navaja de Occam, de Ptolomeo y la música de las esferas, y de que todo el mundo llevaba siglos equivocado sobre el Sol y los planetas. Me habló de Linneo y su sistema para nombrar a todos los seres vivos de la naturaleza, y de que él seguía ese sistema siempre que le ponía nombre a una nueva especie. Me habló de Copérnico y Kepler y de por qué la manzana de Newton se caía hacia abajo y no hacia arriba...Todo eran novedades vertiginosas sobre un mundo muy alejado de los pañuelos y los dedales, que me fue revelado con paciencia bajo un árbol entre abejas amodorradas y marchitas flores silvestres".

Método científico II



Estación Espacial Internacional


Atrevédesvos a facer as actividades? (Vai ser que si porque non son voluntarias). Pois premede na aquí! E tamén algunhas desta outra unidade.

O método científico

Unha unidade didáctica interactiva para traballar o método científico

Pero antes, por se non entendemos moi ben de que vai a cousa, temos a Alfred Einstein para explicárnolo.



E por se non fora suficiente...

Unha breve historia da Química


Pois o primeiro é o primeiro, e xa que isto vai ser un blog do Departamento de Ciencias, teremos que comezar por situarnos e ver como foron evolucionando, de xeito sinxelo as Ciencias desde a antigüedade ata converterse  nas Ciencias Experimental que coñecemos  hoxe en día. Para iso déixovos esta simpática animación extraída da web lamanzanadenewton.com.

Espero que vos guste!